Deseño da imaxe gráfica do Festival Rosalía
  • Deseño da imaxe gráfica do Festival Rosalía

Comunicación de proxectos culturais

1.786,00 €
Impuestos incluidos

Un festival, unha gala, un evento cultural... Para darlles visibilidade e que cheguen ao público ofrecemos un plan de difusión elaborado a partir dun conxunto ben artellado de accións comunicativas, adaptadas a cada proxecto.

 

Cantidad

  • Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS
  • Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos
  • Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas

Este servizo está pensado para dar a coñecer os teus proxectos sociais ou culturais e facer deles un acompañamento do comezo ao fin. Entre as accións comunicativas posíbeis ofrecemos:

  • Creación dunha imaxe gráfica propia: que dea identidade ao proxecto e que acompañará a todas as actividades e produtos xerados (redes sociais, material impreso, comunicacións internas e externas...) en calquera formato (dixital ou físico). Esta imaxe adaptarase a todos os formatos afín de facilitar o seu uso e difusión.
  • Creación e mantemento das redes sociais: para chegar ao máximo ao público obxectivo do proxecto. Á creación de contas nas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter, Youtube, etc.) sumaránselles as actualizacións periódicas, a xestión de incidencias ou o establecemento de feedback durante o tempo que dure o proxecto. Os contidos poderán ser creados en formatos diferentes: fichas, vídeos, fotografías, infografías, noticias, etc. Outras accións posíbeis nas redes son: a creación de convites, de enquisas, o seu mantemento unha vez rematado o proxecto, etc.
  • Accións de comunicación cos medios: a difusión nos medios de comunicación estaría conformada de accións como a presentación pública do proxecto ou dun dos eventos relacionados, unha rolda de prensa, a redacción e envío de notas de prensa...
  • Accións de seguimento durante os eventos/celebracións: coa publicación de fotos, vídeos e textos nas redes sociais coa información do que está a acontecer en cada momento, dándolle así especial relevancia ao carácter inmediato.

Outras:

  • Creación dunha plataforma on-line específica
  • Creación dun correo web propio
  • Asistencia e cobertura audiovisual de eventos específicos
  • Elaboración dun informe final avaliativo