O sentido do abraio
  • O sentido do abraio

O sentido do abraio

11,00 €
Impuestos incluidos

Autora: Rachel Carson. Tradución de Patricia Buxán.

Páxinas: 56.

Cantidad

  • Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS
  • Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos
  • Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas

Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964).  Autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).

Primavera silenciosa foi publicada en galego en 2015 polo Servizo de Publicacións da USC en tradución de Juan J. Casares Long. Con O sentido do abraio ampliamos o catálogo galego desta autora e científica fundamental para o noso tempo. Pioneira en case todo o que se propuxo, ofrecemos a que sen dúbida é a súa obra máis persoal e transcendente.

Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), O sentido do abraio ía dirixido a nais e pais.  Animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí. Como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio é unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.