Como liberar o potencial na infancia co método Montessori. Dos 30 meses aos 6 anos
  • Como liberar o potencial na infancia co método Montessori. Dos 30 meses aos 6 anos

Como liberar o potencial na infancia co método Montessori. Dos 30 meses aos 6 anos

19,50 €
Impuestos incluidos

A partir dos dous anos e medio, aumenta a curiosidade das nenas e dos nenos, e con ela, a necesidade de proporlles actividades que estimulen o seu crecemento autónomo.

Cantidad

  • Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS
  • Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos
  • Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas

A partir dos dous anos e medio, aumenta a curiosidade das nenas e dos nenos, e con ela, a necesidade de proporlles actividades que estimulen o seu crecemento autónomo.

Esta obra é a continuación de Como liberar o potencial do voso neno, 0-2 anos e nace tamén da experiencia como nai de Daniela Valente, quen, combinando as descubertas de Maria Montessori coa neuropedagoxía e a pedagoxía activa máis avanzadas, suxire multitude de actividades de vida práctica, preparación á lectura e á escritura, desenvolvemento do sentido artístico e musical.

Cada páxina e suxestión están pensadas para crear un ambiente que motive a libre escolla dentro duns límites claros e implique as cativas e os cativos na vida diaria da familia e da contorna co obxectivo de formar persoas únicas e plenamente capacitadas.

 

Daniela Valente nace na cidade italiana de Bérgamo en 1979 e Montessori pasou a formar parte da súa vida coa chegada do seu neno, por quen decidiu tomar un descanso na súa traxectoria profesional para ocuparse del a tempo completo.

En vista dos resultados excepcionais acadados co seu fillo, decidiu promover activamente o método Montessori a través de varias publicacións e iniciativas, como as páxinas web montessori4you.it, con recursos e actividades para descargar, e lascuolaacasa.com, dedicada á educación na casa.
Sitio web: http://montessori4you.it

4V0022