Portada
  • Portada
  • Índice
  • Páxina

'As normas claras' Guía para elaborar o regulamento interno da cooperativa

11,00 €
Impuestos incluidos

Trátase dun libro práctico que guía como facer un Regulamento de Réxime Interno nunha cooperativa. Ofrece criterios e presenta modelos de redacción para facilitar dito proceso, buscando adaptar o RRI ás necesidades propias de cada cooperativa.

Cantidad

  • Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS
  • Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos
  • Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas

As organizacións englobadas na economía social caracterízanse polos seus valores e por ser experiencias de democracia económica. Constitúen unha alternativa aos modelos de organización xerárquicos, baseados nas relacións de competencia entre organizacións e entre persoas, na primacía do capital, etc.

As entidades da economía social van contracorrente. Pero ir contracorrente non é sempre fácil e por iso cómpre reforzar as referencias e os instrumentos que permitan a estas iniciativas desenvolver plenamente o seu carácter social e democrático.

A partir da nosa experiencia e dos estudos que temos realizado, sabemos cales son os aspectos máis difíciles de desenvolver ou os obstáculos máis recorrentes á hora de deseñar modelos de organización virtuosos e fieis aos principios da economía social.

Nesta guía transformamos eses coñecementos en pautas prácticas que axudan a desenvolver un RRI nunha cooperativa.

É un libro de 82 páxinas en tamaño A3 e papel reciclado. O seu índice inclúe: Introducción e conceptos previos; Que é e para que serve un RRI; Proceso de elaboración ou revisión do regulamento Interno; Regular a relación das persoas socias; Órganos sociais; Réxime económico; Organización do traballo; Tempo de traballo; Anticipos societarios; Réxime disciplinario laboral e outros.

 

Cidadania001