Pack Esencial bebé
  • Pack Esencial bebé

Pack Esencial bebé

47,50 €
Impuestos incluidos

Crema hidratante 200ml. + Xel & Champú 200ml.

Combina os dous produtos na hixiene diaria de toda a familia, potenciando así as súas propiedades e mantendo a pel limpa, sa, protexida e equilibrada.

Cantidad
Dispoñible

  • Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS
  • Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos
  • Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas

Todos os seus ingredientes son naturais, sustentables e de orixe vexetal.

Sen perfumes nin colorantes engadidos.

Libre de transxénicos.

Ingredientes de orixe vexetal.

Produto Vegano.

Modo de uso:

Crema hidratante

Usar tantas veces como sexa necesario, masaxeando suavemente a cariña e o corpo dos teus peques. Apto para toda a familia. 

Xel & Champú

Usar tantas veces como sexa necesario sobre pel e cabelo, ou engadir na auga de baño. Apto para toda a familia

Ingredientes Crema hidratante:

Manteiga de Karité: Elaborada a man co método tradicional por unha cooperativa que empodera comunidades de mulleres rurais no norte de Ghana, respectuosa e sustentable. Achega unha  hidratación intensa de longa duración e actúa como protector solar natural.

Aceite de Oliva: Virxe extra e de primeira presión en frío. De orixe ecolóxica e proveniente de olivas de cultivos sustentables recollidas a man no seu punto de maduración. Rexenera, nutre e suaviza a pel. 

Caléndula: Obtida da flor. Calma profundamente, reduce a inflamación e rexenera a estrutura da pel.

Regalicia: Obtida da raíz da planta. Protexe grazas ás súas propiedades antimicrobianas e antioxidantes. Atrapa os radicais libres.

Ingredientes Xel & Champú:

Camomila: Obtida directamente da flor. Rexenera, suaviza e calma a pel. Actúa como tonificante natural.

Avea: Engadida en forma de  avenantramidas, un concentrado dos activos que potencian os efectos  calmantes,  suavizantes e antioxidantes da avea  Inhibe a inflamación, reduce a irritación e prevén a rubefacción.

Salvia: Obtida de plantas de cultivos sustentables, criadas en condicións xéricas (extremadamente secas) para potenciar o seu efectos. Achega unha hidratación profunda e de longa duración. Ademais potencia o efecto barreira da pel.

Tomiño: Escóllese dunha selección de follas e flores. Protexe das agresións externas e achega propiedades antioxidantes. 

 

0003