Deseño e guía de paseos de carácter histórico ou cultural relacionados co patrimonio inmaterial (rutas literarias, musicais ou artísticas, paseos de homenaxe a unha persoa ou colectivo, paseos sobre tradicións ou costumes locais, etc). Características básicas:
- O contido e características dos paseos adáptase ás características do público que se defina como destinatario (familiar, persoas adultas, todos os públicos, diúrno, nocturno, etc.). O número de paradas do paseo adoita ser de entre 6 e 10, dependendo da temático e do público destinatario.
- A duración dos paseos para público familiar adoitar ser de 1 hora e para público adulto de 1 hora e media.
- O número máximo de persoas por paseo adoita ser de 35 persoas (negociábel), podendo ampliarse até 50-60 persoas coa contratación de audioguías (1,90€/persoa, non incluído no prezo deste servizo).
- Ofrecemos a guía dos paseos nos idiomas: galego, castelán, catalán, francés, inglés e portugués.
- Ofrecemos ademais o servizo de xestión de inscricións e outros servizos relacionados coa organización do paseo (divulgación, etc. - Prezos a negociar por separado). No caso de existir inscrición previa poderá enviarse ás persoas inscritas con anterioridade á saída un documento cunha breve presentación do itinerario no cal se incluirá un mapa coas paradas.
- Dependendo do tipo de paseo poden incluírse ao longo do percorrido:
- Lecturas abertas: textos para ilustrar algunhas das paradas (poemas, extractos de entrevistas, etc) e que se convida o público para que os lea.
- Obxectos singulares: para acompañar as lecturas e dependendo do tipo de público, existe a posibilidade de levar unha serie de obxectos ou elementos identificativos daquilo que se referencie).
- Imaxes e elementos visuais: o percorrido pode acompãnarse de elementos visuais para seren mostrados nas paradas pertinentes, como por exemplo imaxes singulares, libros ilustrados da época a retratar, etc.
- Quiz final: na última parada do paseo existe a posibilidade, dependendo do tipo de paseo e de público, de realizar un cuestionario final (quiz) relacionado cos contidos tratados ao longo da ruta. Este cuestionario tería estilo xogo e axudaría a repasar datos relevantes e fixar coñecementos.