

Esta peza está feita con crepe vintage, canalé e fitas de falla da mercería do barrio .
Para cuidala só tes que lavala a máquina, pouco, en auga fría e non necesita ferro.
Non ten xénero e a equivalenza de tallas é a seguinte:
_Muller dende a talla XS até a L
_Home dende a talla S até a M
A liña de chandaleiros de La Canalla é unha proposta atemporal, contemporánea e sen xénero.
Misturamos tecidos e acabados deportivos con materias nobles excedentes de produción.
Todas as nosas prendas son pezas únicas e estan creadas e confeccionadas artesanalmente no noso taller de Vigo.