MAOS Innovación Social, S.Coop.Galega

Vendedor MAOS Innovación Social, S.Coop.Galega
Tienda MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega
Teléfono 881974101
Web https://maos.gal/
Dirección Rúa Tomiño 24, entrechán, 15703, Santiago de Compostela
Descripción

MAOS Innovación Social é o produto dunha idea, dunha ilusión, que alá polo ano 2014 se transforma en realidade. Esta idea inicial remoeu en nós e nós nela, como un vira-vira dialéctico, e foi converténdose no que somos hoxe:

Unha cooperativa de traballo asociado, onde as persoas que a integramos opinamos, decidimos, argallamos…. onde traballamos por sermos iguais e diferentes e achegamos o noso coñecemento e experiencia propios para un proxecto común. E todo isto facémolo como cooperativa porque acreditamos no poder transformador da economía social desde a defensa de valores como a transparencia, a igualdade, a honestidade, a responsabilidade… En 2019 adherímonos ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia.

Desenvolvemos o noso labor no ámbito cultural, fundamentalmente nos campos da Etnografía, a Xestión Cultural e a Comunicación.

Facemos o que nos gusta e en moi boa compañía, na de todas as persoas que fomos coñecendo ao longo destes anos e na de todas as entidades coas que tivemos e temos a oportunidade de colaborar.

Ver productos de MAOS Innovación Social, S.Coop.Galega