Rexenerando S. Coop. Galega

Vendedor Rexenerando S. Coop. Galega
Tienda Rexenerando S. Coop Galega
Teléfono 698157414
Web www.rexenerando.com
Dirección AVDA GONZALO NAVARRO 1, L29
Descripción

"Somos cooperativa porque acreditamos nos principios da economía social e porque sabemos que xuntas somos máis fortes. Apoiámonos en perfís profesionais diversos e complementarios para ofrecer servizos cos que acompañar a transformación da realidade sobre a base de valores de xustiza, equidade e diversidade. A nosa vocación é facer camiño rexenerando historias, vínculos, saberes e comprometéndonos coas comunidades das que facemos parte. Facémolo poñendo o foco en tres grandes eixos: a participación social, o feminismo e historias subalternizadas. Desde aquí deseñamos e implementamos proxectos socio-educativos e culturais diversos mais co denominador común da procura de procesos de cambio social. Desde a facilitación e xestión de grupos á formación para a igualdade entre homes e mulleres; do traballo cos corpos e as artes vivas ao deseño gráfico; da interpretación do patrimonio á participación cidadá. Un feixe de sementes que espallamos coa vontade de rexenerar o mundo e as nosas vidas. "

Ver productos de Rexenerando S. Coop. Galega