Cooperativa Ribeira do Navia

Vendedor Cooperativa Ribeira do Navia
Tienda Ribeiregas
Teléfono 629086879
Web https://www.facebook.com/ribeire
Dirección Lugar Ernes, s/n 27113 Negueira de Muñiz LUGO
Descripción

Ribeira do Navia é unha cooperativa de traballo asociado, nacida no ano 2011 en Negueira de Muñiz. As persoas socias xa viñan desenvolvendo as actividades de produción ecolóxica de froitas e verduras para a elaboración artesanal de zumes e conservas vexetais.

O nacemento da Cooperativa Ribeira do Navia permite fixar poboación nesa comarca do leste de Lugo, apostando pola revitalización das áreas máis despoboadas do noso rural. A súa actividade é, por un lado, a produción de alimentación en ecolóxico baixo o selo Ribeiregas; e por outro a bioconstrución e traballos forestais.

O seu centro de transformación localízase na parroquia de San Pedro de Ernes, no concello lugués de Negueira de Muñiz.

Ver productos de Cooperativa Ribeira do Navia