Campamento de teatro e educación emocional
  • Campamento de teatro e educación emocional

Campamento de teatro e educación emocional

450,00 €
Impuestos incluidos

Divertido campamento dirixido a nenos, adolescentes, xoves e persoas con dificultades para socializar no que, a través do teatro, a risa, o xogo e as dinámicas cooperativas, desfrutaremos en compañía dunha xornada intensa onde coñeceremos a outros compañeiros e posibles amigos, á vez que adquirimos sen darnos conta diferentes habilidades sociais e emocionais.

Cantidad

  • Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS Política de seguridad: El portal cuenta con un certificado de seguridad HTTPS
  • Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos Política de envíos: nos encargamos de gestionar toda la logística de los envíos
  • Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas Política de devolución: tienes 14 días para comprobar si tu compra cumplió tus expectativas

O campamento de teatro e educación emocional está deseñado especialmente para AMPAS, concellos, centros socioculturais e asociacións que desexen ampliar a súa oferta de servizos sociais e á comunidade cun programa do máis variopinto e versátil.

Destinado a 15 participantes, estes somerxeranse, durante unha semana, nunha trepidante xornada onde os afectos e a ledicia serán o máis importante de todo. Pola tipoloxía do campamento, este é idóneo para persoas que presenten dificultades para relacionarse, ben por timidez ou agresividade, xa que durante o mesmo se outorgarán de maneira lúdica diferentes ferramentas e recursos para traballar unha socialización respetuosa, entendida esta tanto coma o relacionarse cara un mesmo coma cos demais.

Imagen13.jpg

As competencias que se traballan de forma transversal ao longo desta semana son:

  • Autocoñecemento.
  • Empatía e escoita activa.
  • Comunicación e asertividade.
  • Toma de decisións.
  • Cooperación e traballo en equipo.
  • Manexo de problemas e solucións.
  • Pensamento creativo e diverxente.
  • Pensamento crítico.
  • Regulación de emocións.

Unha xornada única e divertida onde a base de todo é o respeto, o compañeirismo, a inclusión e a empatía. A que esperas para vir desfrutar?

 

Datos varios:

  • Grupo mínimo: 8 participantes.
  • Grupo máximo: 15 participantes.
  • O prezo inclúe IVE.
  • Impartido por TASOCT e TSIS.
  • O prezo está presupostado para a comarca de Vigo, para outras localidades consultar.