Crema hidratante
  • Crema hidratante

Crema hidratante

24,90 €
IVE incluido

Crema hidratante infantil totalmente natural.

Facial e corporal. 200ml

Enriquecida con Manteiga de karité ecolóxica, Caléndula, Regalicia e Aceite de oliva virxe extra ecolóxico, provinte de olivas recollidas a man no seu punto de maduración e de primeira presión en frío.

Cantidade

  • Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS
  • Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos. Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos.
  • Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas

Sen perfumes nin colorantes engadidos.

Libre de transxénicos.

Ingredientes de orixe vexetal.

Produto Vegano.

É suave, fácil de estender e absórbese rapidamente deixando unha duradeira sensación de  hidratación. Non irrita as zonas sensibles, sendo apta para cara e corpo. Forma unha agradable capa de protección que permanece durante horas. É  hidratante, emoliente, antioxidante e  calmante. Protexe das agresións externas como o frío e a contaminación e achega unha lixeira protección solar natural. Calma a irritación, deixando a pel sa, nutrida e elástica. 

Modo de uso:

Usar tantas veces como sexa necesario, masaxeando suavemente a cariña e corpo dos teus peques. Apto para toda a familia.

Ingredientes:

Manteiga de Karité: Elaborada a man co método tradicional por unha cooperativa que empodera comunidades de mulleres rurais no norte de Ghana, respectuosa e sustentable. Achega unha hidratación intensa de longa duración e actúa coma protector solar natural.

Aceite de Oliva: Virxe extra e de primeira presión en frío. De orixe ecolóxica e provinte de olivas de cultivos sustentables recollidas a man no seu punto de maduración. Rexenera, nutre e suaviza a pel.

Caléndula: Obtida da flor. Calma profundamente, reduce a inflamación e rexenera a estrutura da pel.

Regalicia: Obtida da raíz da planta. Protexe grazas ás súas propiedades antimicrobianas e antioxidantes. Atrapa os radicais libres.

Listado INCI de Ingredientes: aqua, butyrospermum parkii (shea butter), olea europaea oil, calendula officinalis flower extract, glycyrrhiza glabra (licorice) root extract, coco-caprylate/caprate, hydrogenated olive oil unsaponifiables, cetearyl olivate, sorbitan olivate, olive oil polyglyceryl-6 esters, cetearyl alcohol, sodium stearoyl lactylate, betaine, propanediol, citrus aurantium amara fruit extract, citrus reticulata fruit extract, citrus sinensis peel extract, glycerin, tocopherol, saccharide isomerate, benzyl alcohol, xanthan gum, sodium citrate, citric acid, lactic acid.

0001