

Xel & champú infantil totalmente natural.
Cabelo e pel. 200ml
Enriquecido con Camomila, Salvia, Tomiño e Avea, que engadimos en forma de avenatramidas, un concentrados activos da avea, que potencian os seus efectos calmantes, suavizantes e antioxidantes.
Sen perfumes nin colorantes engadidos.
Libre de transxénicos.
Ingredientes de orixe vexetal.
Produto Vegano.
É suave, limpa delicadamente sen irritar e pódese utilizar en todo o corpo porque non pica nos ollos. Forma unha agradable capa de escuma densa que se aclara facilmente, sen fregar. Grazas aos seus principios activos achega propiedades hidratantes, antioxidantes, purificantes e potencia a función barreira da pel contra as agresións ambientais. Calma a irritación e as rubefaccións para deixar despois do baño unha agradable sensación de limpeza.
Modo de empleo:
Usar tantas veces como sexa necesario sobre pel e cabelo, ou engadir na agua de baño. Apto para toda a familia.
Ingredientes:
Camomila: Obtida directamente da flor. Rexenera, suaviza e calma a pel. Actúa como tonificante natural.
Avea: Engadida en forma de avenantramidas, un concentrado dos activos que potencian os seus efectos calmantes, suavizantes e antioxidantes. A avea inhibe a inflamación, reduce a irritación e prevén a rubefacción.
Salvia: Obtida de plantas de cultivos sustentables, criadas en condicións xéricas (extremadamente secas) para potenciar o seu efectos. Achega unha hidratación profunda e de longa duración. Ademais potencia o efecto barreira da pel.
Tomiño: Escóllese dunha selección de follas e flores. Protexe das agresións externas e achega propiedades antioxidantes.
Listado INCI de Ingredientes: aqua, decyl glucoside, sodium lauroyl lactylate, cocamidopropyl betaine, propanediol, coco-glucoside, hydrogenated starch hydrolysate, maltooligosyl glucoside, sodium cocoyl glutamate, chamomilla recutita (matricaria) flower extract, thymus vulgaris (thyme) flower/leaf extract, betaine, avena sativa (oat) extract, salvia sclarea extract, citrus aurantium amara fruit extract, citrus reticulata fruit extract, citrus sinensis peel extract, glycerin, tocopherol, guar hydroxypropyltrimonium chloride, benzyl alcohol, sodium chloride, potassium sorbate, sodium benzoate, sodium hydroxide, citric acid, lactic acid.