

Crema hidratante 200ml. + Xel & Champú 200ml.
Combina os dous produtos na hixiene diaria de toda a familia, potenciando así as súas propiedades e mantendo a pel limpa, sa, protexida e equilibrada.
Sen perfumes nin colorantes engadidos.
Libre de transxénicos.
Ingredientes de orixe vexetal.
Produto Vegano.
Usar tantas veces como sexa necesario, masaxeando suavemente a cariña e o corpo dos teus peques. Apto para toda a familia.
Usar tantas veces como sexa necesario sobre pel e cabelo, ou engadir na auga de baño. Apto para toda a familia
Manteiga de Karité: Elaborada a man co método tradicional por unha cooperativa que empodera comunidades de mulleres rurais no norte de Ghana, respectuosa e sustentable. Achega unha hidratación intensa de longa duración e actúa como protector solar natural.
Aceite de Oliva: Virxe extra e de primeira presión en frío. De orixe ecolóxica e proveniente de olivas de cultivos sustentables recollidas a man no seu punto de maduración. Rexenera, nutre e suaviza a pel.
Caléndula: Obtida da flor. Calma profundamente, reduce a inflamación e rexenera a estrutura da pel.
Regalicia: Obtida da raíz da planta. Protexe grazas ás súas propiedades antimicrobianas e antioxidantes. Atrapa os radicais libres.
Camomila: Obtida directamente da flor. Rexenera, suaviza e calma a pel. Actúa como tonificante natural.
Avea: Engadida en forma de avenantramidas, un concentrado dos activos que potencian os efectos calmantes, suavizantes e antioxidantes da avea Inhibe a inflamación, reduce a irritación e prevén a rubefacción.
Salvia: Obtida de plantas de cultivos sustentables, criadas en condicións xéricas (extremadamente secas) para potenciar o seu efectos. Achega unha hidratación profunda e de longa duración. Ademais potencia o efecto barreira da pel.
Tomiño: Escóllese dunha selección de follas e flores. Protexe das agresións externas e achega propiedades antioxidantes.