A xestión de cada proxecto realízase de xeito personalizado:
- Producimos e difundimos informacións relacionadas co proxecto a través de contidos propios e doutros xa existentes, en todo tipo de formatos: texto, fotografía, vídeo, fichas, infografía, novas, etc.
- Traballamos cunha ampla variedade de canles de difusión (Facebook, Twitter, Youtube, Instagram e Linkedin) escollidas e tratadas de acordo coas particularidades do proxecto e facemos un seguimento continuo das mesmas (publicacións diarias, feedback co público, resolución de incidencias, etc.).
O servizo ofrece prestacións complementarias:
- Creación e deseño dunha imaxe gráfica, que dea identidade e permita identificar o proxecto.
- Elaboración de reportaxes fotográficas e audiovisuais sobre temas específicos, como a creación dun vídeo promocional (2min.)
- Redacción e envío de notas de prensa para difundir os proxectos nos medios de comunicación.
A xestión das redes sociais é posíbel nos idiomas: galego, castelán, francés, inglés e portugués.
O prezo base aquí proposto é pola prestación do servizo durante un mes.