

As castañas secas de Amarelante proceden de soutos do Macizo Central, de castiñeiros centenarios que recuperamos para ofrecerche un produto nutritivo e san. As castañas foron secadas en sequeiro de aire alimentado con biomasa, seleccionadas unha a unha e sen empregar conservantes nin produtos químicos.
As castañas secas de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega (Manzaneda) proceden de soutos abandonados que a cooperativa recuperou, polo que co seu consumo contribúes a que o monte sexa produtivo e sirva como a mellor prevención contra o lume.
Este produto pasou por un sequeiro de leña (procedente das podas dos nosos soutos) nun rigoroso proceso no que se invisten máis de 200 horas. Non engadimos aditivos nin conservantes. Libres de glute e aptas para preparar leite vexetal para intolerantes á lactosa ou alérxicos á PLV.
As castañas secas son ricas en hidratos de carbono, fósforo, magnesio, ferro, zinc, vitaminas, fibra, minerais e ácido fólico. Son un excelente antioxidante e teñen poucas graxas e calorías.
Poden empregarse como acompañamento de pratos de caza, recheos para aves, caldos, guisos ou purés. Tamén como espesante ou con leite como facían os nosos avós.