

A fariña de castaña de Amarelante está elaborada unicamente con este froito, sen engadirlle ningún conservante nin químico. É un produto único de alta calidade no que as castañas se seleccionan manualmente unha a unha antes de pasar por un muíño de pedra.
A fariña de castaña de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega (Manzaneda) procede dos froitos dos soutos abandonados que a cooperativa recuperou, polo que co seu consumo contribúes a que o monte sexa produtivo e sirva como a mellor prevención contra o lume.
Tras a recollida manual das castañas introdúcense nun sequeiro de leña (procedente das podas dos nosos soutos) nun rigoroso proceso no que se invisten máis de 200 horas. Non engadimos aditivos nin conservantes. Despois do secado son seleccionadas manualmente unha a unha para pasalas por un muiño especial para castaña con roda en vertical. Deste xeito optemos unha fariña de alta calidade apta para celíacos e intolerantes á lactosa ou alérxicos á PLV.
A fariña de castaña é rica en hidratos de carbono, fibra, calcio, vitaminas, ácido fólico, ferro, cobre, fósforo, magnesio, potasio e zinc. Conta cun alto contido en potasio.
A fariña de castaña de Amarelante ten un uso moi versátil tanto para elaboracións de pratos doces como salgados. Podes empregala para facer pan, empanadas, pizzas, galletas, tortas, filloas, biscoitos, fritos, bechameis, purés... Tamén apta para elaborar cremas ou leite vexetal.