

A bica de castaña é a reinterpretación deste doce tradicional ao que lle engadimos un sabor especial incorporando a fariña de castaña. Trátase dunha sobremesa única cun sabor moi característico a castaña.
Cando probes a bica de castaña de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega (Manzaneda) descubrirás un novo sabor e sensación que te trasladará ata O Souto do Rei, Trabazos ou A Faceira, algúns dos soutos abandonados que a cooperativa recuperou polo que estarás colaborando cun proxecto de economía social que busca revitalizar o rural a través dun produto versátil como a castaña.
A bica de castaña é unha sobremesa única elaborada con produtos da zona e na que a fariña de castaña de Amarelante lle aporta un sabor especial. Os seus ingredientes son azucre, clara de ovo, nata, fariña de castaña (65%) e fariña de trigo (35%). É unha reinterpretación do doce tradicional cunha calidade excelente, saudable e sen graxa.