Saco IXP Faba de Lourenzá 1 kg
  • Saco IXP Faba de Lourenzá 1 kg

Saco IXP Faba de Lourenzá 1 kg

14,00 €
IVA incluido

Saco de 1 kg de Faba Galaica e amparada baixo a IXP Faba de Lourenzá

  • Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS
  • Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos. Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos.
  • Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas

Saco de 1 kg de Faba Galaica e amparada baixo a IXP Faba de Lourenzá. Debido ás caracterí­sticas da terra e as técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as leguminosas producidas na Mariña Lucense presentan unha calidade excepcional. Estas condicións edafolóxicas da zona son especialmente favorables para o seu cultivo, obtendo así­ grans brillantes, de pel fina e polpa tenra, cunha agradable textura e un sabor caracterí­stico.A nosa faba chega aos consumidores despois dun rigoroso proceso de selección, almacenamento e conservación. Sepáranse os grans defectuosos e clasifí­canse segundo o seu calibre. Para evitar a aparición do "gurgullo" e o seu deterioro, introdúcese en cámaras frigorí­ficas durante, polo menos, 48horas, a unha temperatura inferior a -20ºC. Isto implica a ausencia de tratamentos quÃímicos para a súa conservación. Unha vez superado este proceso, as fabas son almacenadas a temperatura ambiente, en lugares frescos e secos, onde permanece ata o momento do envasado. Ten un comportamento en cocción excepcional, conseguindo ao final do proceso, grans enteiros e completos, nos que destaca a pastosidade da polpa, exenta de grumos e escasamente diferenciada da pel. Neste caso a súa categoría é Extra