Saco Faba Verdiña 1/2 kg
  • Saco Faba Verdiña 1/2 kg

Saco Faba Verdiña 1/2 kg

8,50 €
IVE incluido

Saso de Faba Verdiña de 1/2 kg.

Cantidade
En stock

  • Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS
  • Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos. Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos.
  • Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas

Saco de 1/2 kg de Faba Verdina. Debido ás caracteríticas da terra e as técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as leguminosas producidas na Mariña Lucense presentan unha calidade excepcional. Estas condicións edafolóxicas da zona son especialmente favorables para o seu cultivo, obtendo así­ grans brillantes, de pel fina e polpa tenra, cunha agradable textura e un sabor característico. A nosa faba chega aos consumidores despois dun rigoroso proceso de selección, almacenamento e conservación. Esta leguminosa é recollida a planta enteira en verde, para colgala pola raí­z en lugar ventilado e escuro para que seque e non perda esa cor. Posteriormente, sepáranse os grans defectuosos e clasifí­canse segundo o seu calibre. Para evitar a aparición do "gurgullo" e o seu deterioro, introdúcese en cámaras frigoríficas durante, polo menos, 48horas, a unha temperatura inferior a -20ºC. Isto implica a ausencia de tratamentos quí­micos para a súa conservación. Unha vez superado este proceso, as fabas son almacenadas a temperatura ambiente, en lugares frescos, secos e escuros, onde permanece ata o momento do envasado. Faba especial para mariscos. Neste caso a súa categorí­a é Primeira.