

Saso de Faba Verdiña de 1 kg.
Saco de 1kg de Faba Verdina.
Debido ás caracteríticas da terra e as técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as leguminosas producidas na Mariña Lucense presentan unha calidade excepcional. Estas condicións edafolóxicas da zona son especialmente favorables para o seu cultivo, obtendo así grans brillantes, de pel fina e polpa tenra, cunha agradable textura e un sabor característico. A nosa faba chega aos consumidores despois dun rigoroso proceso de selección, almacenamento e conservación. Esta leguminosa é recollida a planta enteira en verde, para colgala pola raíz en lugar ventilado e escuro para que seque e non perda esa cor. Posteriormente, sepáranse os grans defectuosos e clasifícanse segundo o seu calibre. Para evitar a aparición do "gurgullo" e o seu deterioro, introdúcese en cámaras frigoríficas durante, polo menos, 48horas, a unha temperatura inferior a -20ºC. Isto implica a ausencia de tratamentos químicos para a súa conservación. Unha vez superado este proceso, as fabas son almacenadas a temperatura ambiente, en lugares frescos, secos e escuros, onde permanece ata o momento do envasado. Faba especial para mariscos. Neste caso a súa categoría é Primeira.