DATOS IDENTIFICATIVOS Ben Mercado.
A tenda da Economía Social Galega é unha marca propiedade das seguintes cooperativas:
Ítaca Software Libre S. C. G, O Cable Inglés S. C. G., XEDEGA S. C. G e Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais S. C. G, que comparten os mesmos dereitos e obrigas e que actúan en consideración de socios na xestión do portal web www.benmercado.gal.
En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, a continuación reflíctense os seguintes datos: a empresa titular do dominio web www.benmercado.gal é Ítaca Software Libre Sociedade Cooperativa Galega (en diante Ítaca), con domicilio a estes efectos en R/ Rafael Alberti, 15 Ofic. C 15008 A Coruña número de C.I. F.: F 70 35 69 85 inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3258, folio 157, folla nº C-42761. Correo electrónico de contacto: contacta@itacaswl.com e sitio web www.itacaswl.com.
USUARIOS
O acceso e/ou uso deste portal www.benmercado.gal atribúe a condición de USUARIO, que acepta, desde o devandito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.
USO DO PORTAL
www.benmercado.gal proporciona acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) na internet pertencentes a Ítaca ou aos seus socios aos que o USUARIO poida ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No devandito rexistro o USUARIO será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO pódeselle proporcionar un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo. O USUARIO comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (por exemplo servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias) que Ítaca ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Ítaca, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes. Ítaca resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen axeitados para a súa publicación. En calquera caso, Ítaca non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación.
PROTECCIÓN DE DATOS
Ítaca cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica e demais normativa vixente en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario. Para iso, xunto a cada formulario de solicitude de datos de carácter persoal, nos servizos que o usuario poida solicitar a www.benmercado.gal, fará saber ao usuario da existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informándolle da responsabilidade do ficheiro creado, a dirección do responsable, a posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, a finalidade do tratamento e as comunicacións de datos a terceiros no seu caso. Así mesmo, Ítaca informa que dá cumprimento á Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e solicitaralle o seu consentimento ao tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais en cada momento.
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
A totalidade deste Portal web: texto, imaxes, marcas, logotipos, arquivos de audio e vídeo, botóns de software, combinacións de cores, así como a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos, atópase protexida polas leis sobre propiedade intelectual coa licenza Creative Commons, baixo as condicións Recoñecemento-Non Comercial-Compartir Igual-Sen Obra Derivada.
O titular do Portal non será responsable do contido das páxinas web de destino que se establezan mediante vínculos no Portal, nin tampouco das infraccións de dereitos de terceiros nas que ditas páxinas puidesen incorrer. Así mesmo, o titular do Portal non se fai responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan ocasionarse, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal, a correcta visualización, ou a correcta transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.