A  tenda da Economía Social Galega

A Nosa Filosofía

BEN MERCADO é o lugar onde facer un consumo consciente a golpe de click, coñecendo en todo momento como conducen as súas actividades cada unha das empresas proveedoras. Con total transparencia e cun compromiso real co noso territorio e cos valores da economía social.

Os productos e servizos de BEN MERCADO están realizados respectando os principios da democracia e a igualdade. Detrás de cada un deles hai un proxecto de economía que busca unha sociedade máis xusta e sustentable.

O Noso equipo

quien-somos

Detrás da plataforma BEN MERCADO hai profesionais especializados en desenvolvemento tecnolóxico, comunicación, marketing e loxística; pero sobre todo hai persoas dispostas a resolver as túas dúbidas e escoitar calquera idea que queiras achegarnos. O noso equipo valorará as vosas suxestións para seguir mellorando a oferta e o funcionamento da plataforma.

Opinións

Como cooperativa que somos, poder ter acceso a produtos e servizos da economía social, de forma fácil, paréceme xenial. Compartir este espazo con outras entidades próximas aos nosos valores fainos moita ilusión. Creo que non hai mellor intercooperación que xuntarnos todas para vender o que facemos.
Carmela Valiño Vázquez, Milhulloa S. Coop. Galega.

Ben mercado é unha idea moi lúcida agora que as novas tecnoloxías permiten un contacto máis directo entre produtoras e consumidoras. Seguro que fará máis doado atopar produtos e servizos máis coherentes coas nosas ideas.
Mario Martínez Lorenzo, consumidor