Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva
  • Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva
  • Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva

Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva

18,50 €
IVE incluido

Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva

Inclúe un prólogo de Xosé Veiras para a edición galega

Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos.
Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?

Cantidade
Dispoñible

  • Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS
  • Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos. Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos.
  • Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas

Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva.

O coordinador da obra reúne a catro científicos de distintas especialidades. Todos eles ofrecen e contrastan as súas distintas perspectivas dun mesmo tema: a biodiversidade e a deriva cara a unha sexta extinción en masa. Un ecólogo, un biólogo mariño, un especialista en xestión e economía do medio e unha filósofa do medio convídannos á súa mesa. A partir dos seus coñecementos, dos seus temores mais tamén das súas esperanzas, achégannos unha visión científica e cidadá sobre a sexta extinción masiva, a primeira do Antropoceno.

O libro divídese claramente en dúas partes: o debate científico e o debate social. Isto fai que resulte máis interesante e que precisamente vaia máis aló da ecoloxía puramente.  Tamén reflexiona sobre as consecuencias económicas e sociais.

Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano. A sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. A sobreexplotación dos recursos, o consumo excesivo, a oferta excesiva, as sobrecapacidades tecnolóxicas, o cambio climático, a deforestación, etc., os seres humanos entréganse a unha destrución masiva dos ecosistemas a escala planetaria. E o noso modo de desenvolvemento condena probablemente unha especie cada vinte minutos.

Cales son os mecanismos e as causas principais da extinción das especies? Que podemos esperar das axendas políticas? Cómpre promover unha ecoloxía de combate ou unha ecoloxía da reconciliación que volva colocar o ser humano na natureza? Como evitar ou limitar esta sexta extinción?

 

Catroventos001