Este servizo está pensado para dar a coñecer os teus proxectos sociais ou culturais e facer deles un acompañamento do comezo ao fin. Entre as accións comunicativas posíbeis ofrecemos:
- Creación dunha imaxe gráfica propia: que dea identidade ao proxecto e que acompañará a todas as actividades e produtos xerados (redes sociais, material impreso, comunicacións internas e externas...) en calquera formato (dixital ou físico). Esta imaxe adaptarase a todos os formatos afín de facilitar o seu uso e difusión.
- Creación e mantemento das redes sociais: para chegar ao máximo ao público obxectivo do proxecto. Á creación de contas nas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter, Youtube, etc.) sumaránselles as actualizacións periódicas, a xestión de incidencias ou o establecemento de feedback durante o tempo que dure o proxecto. Os contidos poderán ser creados en formatos diferentes: fichas, vídeos, fotografías, infografías, noticias, etc. Outras accións posíbeis nas redes son: a creación de convites, de enquisas, o seu mantemento unha vez rematado o proxecto, etc.
- Accións de comunicación cos medios: a difusión nos medios de comunicación estaría conformada de accións como a presentación pública do proxecto ou dun dos eventos relacionados, unha rolda de prensa, a redacción e envío de notas de prensa...
- Accións de seguimento durante os eventos/celebracións: coa publicación de fotos, vídeos e textos nas redes sociais coa información do que está a acontecer en cada momento, dándolle así especial relevancia ao carácter inmediato.
Outras:
- Creación dunha plataforma on-line específica
- Creación dun correo web propio
- Asistencia e cobertura audiovisual de eventos específicos
- Elaboración dun informe final avaliativo
Idioma: as comunicacións poderán facerse en galego, castelán, francés, inglés ou portugués.
Estilo comunicativo: empregarase unha linguaxe amable, sinxela e inclusiva. Toda a produción efectuada nas redes estará identificada cun máximo de 20 cancelos (Ex.: #MaOs).
Duración: a duración do servizo é ilimitada.
Formato: o material elaborado poderá ser entregado en formato dixital.