O libro dos océanos. Que ameaza o mar
  • O libro dos océanos. Que ameaza o mar
  • O libro dos océanos. Que ameaza o mar

O libro dos océanos. Que ameaza o mar

21,50 €
IVE incluido

Autora: Esther Gonstalla. Tradución do alemán: Patricia Buxán.

Libro en tapa dura, tamaño A4.

Cantidade

  • Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS
  • Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos. Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos.
  • Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas

Accidentes en plataformas petrolíferas, remuíños de refugallos plásticos, sobrepesca…: hai tempo que os mares deixaron de ser unicamente lugares de saudade e paraísos vacacionais; nas últimas décadas, a contaminación e o espoliación aumentaron de forma notable. Pero como lle vai en realidade ao meirande ecosistema da Terra? Malia que levamos dende sempre vivindo do mar e vivindo co mar, hoxe en día segue a ser un dos últimos territorios descoñecidos do planeta. Se até a Lúa está mellor investigada que as xigantescas masas de auga que tan importantes son para a Terra.

Precisamente esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano, e a nosa ruína! Para poder protexer este ecosistema tan sensible cómpre que entendamos mellor as relacións que existen entre a acción humana e os os cambios que sofre o biótopo mariño. Con este obxectivo, O libro dos océanos fai un completo retrato dos riscos e das oportunidades que permite ver claramente as relacións e interdependencias. Inclúe 45 gráficos de deseño atractivo e fáciles de comprender.

Podes ver unha mostra do libro en ISUU ou en PDF.