

Lámpada Roibas
Lámpada de sobremesa realizada a partir de madeira a deriva. Conta con cable textil recuberto en algodón, en cor verde herba e compoñentes eléctricos con marcado CE. Cada peza é única.
Esta lámpada de madeira de deriva, é unha peza de iluminación única e sostible. Seleccionamos madeiras arroxadas polo mar, secámolas, limpámolas e convertimolas en pezas tan especiais coma esta. A pantalla está elaborada artesanalmente a partir de cartón reciclado. Montamos todo sobre unha base de cemento natural reforzado interiormente con varilla de ferro.
A nosa lámpada de madeira de deriva conta con cable textil recuberto en algodón, de acabado mate. Compoñentes eléctricos con marcado CE. Recomendamos o uso de bombillas led de luz cálida (non incluída), para alarga-la vida da tua lámpada e do planeta…;-))
Alto: 70cm
Ancho: 65cm
Dimensions da base: 20x15x22cm
Lonxitude do cable: 3m