

Este precioso colgador de madeira reciclada está realizado a partir dunha pana de gamela. Un tipo de embarcación tradicional moi común na Ría de Arousa. Conta con 4 perchas grandes y 5 pequenas, polo que terás espacio suficiente para colgar tódalas tuas cousas!
Este precioso colgador de madeira recuperada está realizado a partir dunha pana de gamela, un tipo de embarcación tradicional moi común na Ría de Arousa. As panas son un conxunto de pezas que se colocan na base da embarcación, para manter os pes elevados e lonxe da augua que habitualmente se infiltra. Temos que lembrar que non fai tanto que se inventaron as botas de goma …;-). Podes ver unha aquí..
A madeira recuperouse nunha praia, realizouselle unha limpeza a fondo e lixiero pulido para alisar imperfeccions. Non se lle aplicou ningún acabado, xa que quisimos preservar o seu aspecto lavado e pintura orixinais. O ser unha peza de decoración vertical, non e susceptible de derramamentos ou otro tipo de manchas, manterá o seu precioso aspecto durante moitos anos.
Conta con 4 perchas grandes na parte superior, que son pernos recuperados de antigas camas de largueiros. Estas permitiranche colgar as cousas mais voluminosas como abrigos ou toallas. Na parte inferior conta con outras 5 perchas mais pequeñas, que son tiradores de antigas fiestras. Estas son ideais para colgar bolsos ou outros obxetos de menor volume.
As perchas aplicouselles un tratamento antioxidante e se protexeron con cera.
Esta peza e perfecta para o recibidor, e incluso para a habitación dos peques ou o baño. Poderás colgar un montón de cousas! Ademais, este colgador de madeira recuperada, combina a perfección co noso banco de ordeño recuperado. Crearás un ambiente con aire rústico pero do mais divertido e actual. Atréveste?
Cólgase mediante duas alcaiatas ou colga fáciles.
Medidas:
Lonxitude: 1m (largo máximo)
Altura: 64cm (alto máximo)