

Autora: Sabela Iglesias. Ilustracións de Iago Araujo.
Páxinas: 92.
Hai algún problema por ter relacións sexuais con 14-16 anos? Os homes mastúrbanse máis ca as mulleres? Por que os rapaces teñen mamilas? Este libro nace das charlas formativas realizadas por Sabela Iglesias, xinecóloga especializada. Son a resposta a moitas cuestións sobre sexualidade que lles xurdiron aos adolescentes de diferentes centros de ensino secundario da comarca de Vigo.
Unha escolma das preguntas máis relevantes e frecuentes acompañada dunha explicación clara sobre os diferentes métodos anticonceptivos e preventivos de enfermidades. Ademáis de debuxos actuais e demostrativos para completar outros aspectos que vos importan e que importa que coñezades.