

Curso formativo enfocado para entender como funciona a linguaxe e dotarnos de ferramentas para facer as nosas comunicacións máis inclusivas.
O curso combina sesións teóricas con outras vivenciais a través das que adquirir coñecementos arredor das cuestións básicas sobre o androcentrismo e sexismo na linguaxe así como habilidades e ferramentas para unha análise crítica do discurso.
Estes son os contidos:
Democratización da lingua.
Introdución aos conceptos básicos da linguaxe inclusiva.
Palabras e discursos: Construción de significados.
Materializacións prácticas do sexismo lingüístico. Estratexias prácticas da linguaxe inclusiva.
Análise con perspectiva crítica da linguaxe e comunicación e deseño de solucións.
Capacidade para aplicar a análise crítica a diferentes problemáticas e cuestións sociais.
A formación divídese en 10 sesións de 2 horas aínda que se pode adaptar ás necesidades do grupo, que será dun máximo de 20 persoas. Será impartida por Olalla L. Barro.