Fachada, Fogar Natural
  • Fachada, Fogar Natural
  • habitación, cociña, salón
  • habitación

Noite para catro persoas no Apartamento Turístico Ecosostible Fogar Natural

78,65 €
IVA incluido

Unha noite para catro persoas nun apartamento turístico xestionado de xeito ecosostible na zona vella compostelana. Consta dunha habitación con dúas camas individuais, un salón-cocina cun sofá-cama doble, e un baño. Equipado con todo o necesario para que a túa estancia sexa inesquencible.

  • Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS
  • Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos. Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos.
  • Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas

Experimenta o que significa vivir nunha das rúas máis emblemáticas da cidade.

En pleno corazón do barrio de San Pedro aúnanse a tradición do granito milenario e os ultramarinos de toda a vida con modernos e agradables locais de lecer e tapeo.

Sendo esta vía de entrada ao casco antigo polo Camiño Francés e a escasos 5 minutos da catedral.

Fogar Natural é un aloxamento diferente pensado e xestionado dende un sentimento común de respeto ao medio ambiente.

Empleamos textil, produtos de hixiene e limpeza ecolóxicos; ademáis, o mobiliario foi deseñado buscando darlle unha segunda vida a obxectos desbotados e potenciando o uso de materiais reciclables.

De esta forma, pola defensa dun consumo responsable e sostible en tódolos eidos, preocupámonos tamén polas fontes da nosa enerxía, sendo a nosa suministradora a Cooperativa Nosa Enerxía que garante o uso de enerxías renovables.

En Fogar Natural dispoñemos de tres apartamentos completamente equipados con cociña, baño con ducha, conexión wifi gratuíta, calefacción, TV, dúas camas individuais e un confortable sofá-cama para dúas persoas.

 

Gustaríanos dar unha atención á túa medida, polo que si o desexas e sin sair de Fogar Natural poderás adquirir produtos de alimentación e droguería tanto de km0 como ecolóxicos e/o de comercio xusto.

Así mesmo, ofrecemos servicio de lavandería ecolóxica, canguro, desconto en parking cercano, asesoramento en consumo responsable e información turística e de lecer para disfrutar da cidade e de Galicia como unha compostelana máis.

En Fogar Natural coidamos do noso entorno do mesmo modo que nos gusta coidar das personas que nos visitan, polo que estamos desexando que compartas as túas opinións, ideas e suxerencias con nós. Porque para actuar localmente e pensar globalmente necesitamos a túa aportación.

Se buscas un aloxamento diferente, acolledor que te respete a ti e a noso planeta, non o dubides, reserva xa!