SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA MONTE CABALAR

Vendedor | SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA MONTE CABALAR |
Tenda | PRODUTOS MONTE CABALAR E DE POLDRO GALEGO DE MONTE |
Teléfono | 638104441 |
Web | |
Enderezo | ESCOLA, SOMOZA, |
Provincia | Pontevedra |
Descrición | "Ø Cooperativismo como instrumento de xestión e dinamización A cooperativa Monte Cabalar hoxe integra máis de 360 soci@s propietari@s participando con achegas de terra, con capital ou traballo. No modelo da cooperativa de explotación comunitaria da terra achamos o instrumento idóneo para acadar a unidade de xestión que, superando o minifundio, nos permite intervir sobre o abandono e o lume para tornar produtivos os montes. A experiencia Monte Cabalar Desenvolvemos un modelo gandeiro, forestal e agrícola de recuperación de superficie en abandono · Xestionamos a zona alta do monte cunha explotación gandeira en extensivo de máis de 720 ha pechadas para aproveitamento gandeiro con rotación de bestas, vacas e porcos. · Realizamos ordenación forestal a través da xestión conxunta. · Recuperamos superficie agrícola abandonada para cultivos complementarios da explotación gandeira. Nova paisaxe Monte Cabalar: xestión sustentable do territorio Fronte ao abandono, construímos a nova paisaxe Monte Cabalar: · a perspectiva dun horizonte produtivo que integra milleiros de leiras, · que obtén un produto diferenciado e de calidade, · cun valor ambiental e paisaxístico engadido como exemplo de xestión sustentable do territorio. " |