A Factoría Atelier S. Coop. Galega

Vendedor A Factoría Atelier S. Coop. Galega
Tenda A Factoría Atelier
Teléfono 620 742 880
Web www.afactoriaatelier.com
Enderezo Lugar de Outeiro, 19. San Vicente, O Grove
Provincia
Descrición

En A Factoría Atelier S. Coop. Galega adicámonos á restauración, recuperación e transformación de mobiliario, así como á creación artesanal de obxectos de decoración e complementos a partir de materiais recuperados ou en desuso. Recuperamos mobles e outras materias primas para imprimirlles nova vida no noso obradoiro, e crear así pezas de decoración únicas.

Cremos na beleza do imperfecto e na decoración que conta historias.

Pretendemos ofrecer opcións de consumo mais sostibles nos ámbitos da decoración e os complementos e promovemos a reutilización fronte ao consumo indiscriminado de novos recursos. Selecionamos a nosa materia prima en función da súa calidade e durabilidade, utilizamos materiais naturais e/ou recuperados e preferimos sempre acabados naturais para as nosas pezas.

Podes atoparnos tamén en redes como @afactoriaatelier.

Ver produtos de A Factoría Atelier S. Coop. Galega