En La Canalla facemos pezas únicas, pezas a medida e vestiario escénico.
Dende 1997 traballamos de maneira artesanal con tecidos ecolóxicos, orgánicos ou sobrantes de produción, dando unha nova vida a excedentes téxtiles que, no circuíto convencional, acabarían no lixo.
Estamos comprometidas co téxtil galego e activamente implicadas no oficio da costura.
Sempre tivemos unha relación natural coa cultura, xerando vínculos entre Moda e Arte: exposicións individuais e colectivas, instalacións téxtiles, performances e colaboracións con artistas.