

Coma a maioría das nosas prendas, esta adáptase a varias tallas. Da XS á L en muller e da S á M en home.
Está feita de pano de la vintage, canalé de algodón e fitas que mercamos na mercería do barrio.
Podes lavala a máquina en auga fría, canto menos mellor, e non necesita ferro.
Ten petos nas costuras e goma en jareta en puños e baixo.
A liña de chandaleiros de La Canalla é unha proposta atemporal, contemporánea e sen xénero.
Misturamos tecidos e acabados deportivos con materias nobles excedentes de produción.
Todas as nosas prendas son pezas únicas e estan creadas e confeccionadas artesanalmente no noso taller de Vigo.