Campamento de teatro e educación emocional
  • Campamento de teatro e educación emocional

Campamento de teatro e educación emocional

450,00 €
IVE incluido

Divertido campamento dirixido a nenos, adolescentes, xoves e persoas con dificultades para relacionarse.

A través do xogo, a risa, o teatro e a cooperación, desfrutaremos en compañía dunha xornada intensa onde coñeceremos posibles amigos á vez que adquirimos, case sen darnos conta, diversas habilidades sociais e emocionais.

Cantidade
Dispoñible

  • Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS
  • Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos. Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos.
  • Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas

O campamento de teatro e educación emocional está deseñado coidadosamente para AMPAS, concellos, centros socioculturais e asociacións que desexen ampliar a súa oferta de servizos á comunidade cun programa do máis variopinto e versátil.

Destinado a 15 participantes, estes somerxeranse, durante unha semana, nunha trepidante xornada onde os afectos e a ledicia serán o máis importante de todo.

Pola tipoloxía do campamento, este é idóneo para persoas que presenten dificultades para relacionarse, ben por timidez ou agresividade, xa que durante o mesmo se outorgarán de maneira lúdica diferentes ferramentas e recursos para traballar a socialización respetuosa, entendida esta tanto cara un mesmo coma cara os demais.

Imagen13.jpg

 

Os contidos que se traballan de forma transversal son:

• Autocoñecemento.

• Empatía e escoita activa.

• Comunicación e asertividade.

• Toma de decisións.

• Cooperación e traballo en equipo.

• Resolución de conflitos e regulación de emocións.

• Pensamento creativo e diverxente.

• Pensamento crítico.

Un campamento diferente e divertido onde a base de todo é o respeto, o compañeirismo, a inclusión e a empatía. A que esperas para vir desfrutar?

 

Datos varios:

• Grupo mínimo: 8 participantes.

• Grupo máximo: 15 participantes.

• O prezo inclúe IVE e RSC.

• Impartido por TASOCT e TSIS.

• O prezo está presupostado para a comarca de Vigo, para outras localidades prégase consultar.