

Curso formativo no que reflexionar sobre as principais dificultades e retos aos que se enfrontan os grupos nos que participamos e no que dotármonos de ferramentas para apoiar o seu bo desenvolvemento.
Traballar en grupo é difícil, sobre todo nun contexto como o actual de tanta esixencia e tan cambiante.
Con este curso ofrecemos recursos para que os grupos poidan facer fronte aos seus propios desafíos e procurar solucións creativas. Ao mesmo tempo, incidimos na adquisición de ferramentas para mellorar o clima colectivo, base para que o grupo saque o seu máximo potencial e poida aumentar a súa eficacia e resiliencia.
Os contidos que traballamos son:
Introdución aos procesos grupais
Roles, poder e liderado.
Reunións eficaces e toma de decisións.
Como crear as condicións para que a creatividade emerxa
Ferramentas para activar a creatividade
O ciclo do conflito
Como obter información sobre os conflitos
Formas de intervención
O curso ten unha duración total de 16 horas organizadas en 4 sesións de 4 horas cada unha e precisa dun mínimo de 5 persoas para ser realizado e un máximo de 20.
Está impartido por Andrea R. Adega