

Chegamos á imaxe que identifique o teu proxecto. Buscamos as formas, cores ou texturas que mellor expresan a túa identidade.
Contamos cunha área de comunicación visual da que se encarga a deseñadora gráfica Nadina Bértolo (nadinagrafica.com)
Traballamos na identidade corporativa, o deseño editorial ou a comunicación gráfica seguindo os valores da cooperativa á hora de ofrecer servizos adaptadas a cada necesidade, coidando á persoas e os procesos. Porque sabemos dos poder simbólico das imaxes, da estética e tamén dende aquí queremos promover outros xeitos de facer
Na identidade corporativa traballamos para crear a imaxe que identifique o teu proxecto. É un servizo que inclúe:
Deseño de logotipo
Imaxe corporativa
Papelería
Sinalización