Forno sequeiro BB250A
  • Forno sequeiro BB250A
  • Forno sequeiro BB250A

Forno sequeiro BB250A

5.868,50 €
IVE incluido

Estufa de secado para materiais ligno-celulósicos con volume útil da cámara de 250 litros. Dispón de circulación forzada de aire en fluxo horizontal e quentado por resistencia eléctrica. Temperaturas de traballo de 30 a 80ºC. Control dixital de temperatura e funcionamento. Secado por renovación parcial de aire.

Cantidade
Último produto en stock!

  • Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS Política de Seguridade: o portal conta cun certificado de seguridade HTTPS
  • Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos. Política de envíos: encargámonos de xestionar toda a loxística dos envíos.
  • Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas Política de devolución: tes 14 días para comprobar se a túa merca cumpre as expectativas

Funcións:

Visualización permanente de temperatura interior.

Fixado da temperatura de secado obxectivo.

Tempo de secado, ou modo continuo.

Tempo de post-ventilación para limitar condensación.

Rexistro de temperatura no ciclo de funcionamento

Porto RS232 para descarga de rexistro a PC

Frontal de control:

Situado na parte superior frontal do forno

Con compartimento anexo posterior para os elementos eléctricos e electrónicos.

Compartimento con illamento térmico reforzado (40 mm) de mineral e ventilación pasiva.

Inclúe no frontal: interruptor xeral, rearme de térmico, pantalla táctil e conector RS-232.

Frontal desmontable ou accesible para mantementos.

Pantalla:

Pantalla táctil TFT de 4,3” 480x272 pix. 95 x 54 mm 280 cd/m2.

Integra microprocesador con programa actualizable, e portos de comunicación.

Módulo de electrónica:

Situado no compartimento de control do módulo superior do forno

Sonda de temperatura de tipo circuíto integrado semicondutor (<110ºC +/-1,5º)

Circuíto electrónico para interfaces de control de forza, activación do motor, alimentacións, etc.

Control de elementos de força por relés (electromecánicos ou estado sólido).

Interface de comunicación RS232.

Proteccións eléctricas.

Seguridade:

Térmico re-armable (por tapa roscada no frontal) para corte a 120º na cámara das resistencias.

Protección eléctrica xeral e interruptor por magnetotérmico bipolar de 16 A

Toma de terra e resto segundo normativa.

Outros:

Manual de instrucións.

Marcado CE con certificado.